Para o BNG, a Xunta de portavoces desta mañá evidenciou a deriva do actual Goberno local e as discrepancias entre Jácome e o PP

IES CHAMOSO LAMAS

Segundo os nacionalistas resulta alarmante a falla de coordinación do Goberno Local, quenes xa nin gardan tan sequera as formas, ao tempo que lamentan o estéril da convocatoria

A Xunta de Portavoces convocada polo Goberno local para tentar avanzar no proxecto de residencia de maiores proxectada na parcela da antiga estación de autobuses no barrio do Pino serviu únicamente, segundo o BNG, “para evidenciar unha vez máis a deriva e a descoordinación do actual executivo da cidade”.

HIPER MASIDE

O primeiro en tomar a palabra foi o portavoz nacionalista Luis Seara para cuestionar a propia convocatoria xa que “lonxe de ser unha xunta de portavoces, na reunión estaba presente a concelleira de urbanismo, Sonia Ogando, o concelleiro non adscrito Laureano Bermejo así como diversos técnicos da área de urbanismo”.

Aclarada esa cuestión, Seara afirmou non entender porqué motivo volvían convocar aos grupos “cando no último pleno o propio alcalde afirmou que ía solicitar a tramitación do proxecto a través da lei 3/2016 de medidas en materia de proxectos públicos de urxencia ou de excepcional interese”.

Para os nacionalistas, o chamativo, e ante a intervención da concelleira de urbanismo, Sonia Ogando, argumentando que non era posible empregar esta vía ao non tratarse dun proxecto da Xunta, foi a réplica inmediata do alcalde, quen contradicindo á concelleira afirmou, respaldado polos técnicos presentes, que dita lei si era de aplicación e que soamente era preciso modificar o convenio actual entre a Xunta e a Fundación Amancio Ortega.

Ante este novo despropósito, o concelleiro Luis Seara ten claro que “a única motivación do goberno a respecto deste proxecto é empregalo para desviar a atención sobre o que está acontecendo no concello e tentar desgastar á oposición”.

Segundo Seara, “nin PP nin Jácome teñen o máis mínimo interese en que se execute o proxecto e resulta indignante que falen de non perder máis tempo cando o PP leva prometendo a residencia de maiores desde o ano 2016”.

Para o BNG a día de hoxe “non mudou absolutamente nada desde a última vez que se debateu esta cuestión polo que a nosa posición segue a ser a mesma”.