Concurso para seleccionar e contratar cinco persoas para a brigada de prevención e defensa contra incendios no concello de Maside

Publicase hoxe no BOP ( Premer na Imaxe )

A Alcaldía, mediante a Resolución con data 6 de maio de 2021, aprobou as bases ás que se axustará o concurso para seleccionar e contratar cinco persoas para a brigada de prevención e defensa contra incendios (un xefe de brigada, un peón condutor e tres peóns) por un período de tres meses.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os/As interesados/as poderán presentar as súas solicitudes prioritariamente no rexistro electrónico do concello (www.maside.sedelectronica.gal), ou no seu caso no Rexistro Xeral deste Concello, en horario 9:00 a 14:00 h, durante o prazo dos cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.

As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no concello e na sede electrónica deste concello (www.maside.sedelectronica.gal). O alcalde. Asdo.: José Manuel Iglesias Araujo