A comarca baixa hoxe o número total de casos activos de coronavirus ata os 24. A evolución mantense pendente dos casos do Carballiño, O Irixo e Maside.
O Carballiño baixa un contaxio para contar hoxe con 14 casos activos.
O Irixo rexistrou un brote familiar que se iniciaba con 5 casos activos. E o cribado celebrado o pasado mércores deixou 4 positivos, que sumados ós que xa había, deixou a cifra de 9 contaxios, que se mantén dende o pasado xoves.
Maside, mantén hoxe un caso activo, a mesma cifra ca onte.
E os demais concellos, Boborás, San Cristovo de Cea, Beariz, Piñor, Punxín e San Amaro están libres de coronavirus.