CHMS e Concello de Amoeiro acondicionarán o roteiro fluvial dos muíños do rio Formigueiro

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e o alcalde de Amoeiro, José Luís González López, rubricaron esta mañá o Convenio de colaboración para o Acondicionamento da ruta fluvial dos muíños do río Formigueiro no T.M. de Amoeiro (Ourense) : O presente Convenio ten por obxecto determinar as condicións para o financiamento e execución, así como, o réxime da posterior entrega das obras executadas para o seu mantemento e conservación. Proxecto Na contorna do río Formigueiro, termo municipal de Amoeiro, existe unha zona de gran calidade ambiental e patrimonial na que se atopan os restos de cinco muíños que se pretende pór en valor mediante unha senda fluvial. Os proxectos serán redactados pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Ou.A., e consistirán na creación dunha ruta fluvial de aproximadamente 800 metros na marxe dereita do río que enlace o cinco muíños existentes e na restauración daqueles muíños que polo seu estado de conservación poidan dedicarse a actividades etnográficas. actuacións que se completarán cunha restauración ambiental da canle consistente na súa limpeza e eliminación de barreiras no tramo de actuación. O investimento total necesaria estímase en 450.000euros.