O próximo xoves remata o prazo para solicitar as axudas derivadas da covid no Carballiño

Esta semana, o próximo xoves, será o último día para solicitar as axudas derivadas pola covid-19 do concello do Carballiño. Dende a administración local animan a todos a que presenten a solicitude en forma e tempo. O prazo finalizará o próximo xoves, no que sumpren 20 días da súa publicación no BOP. Dúas traballadoras do Servizo de Orientación Laboral encárganse de solucionar as dúbidas tanto de calquera interesado como por parte das axencias.

Os gastos subvencionables están orientados a dar apoio para o mantemento da actividade e reducir as consecuencias económicas derivadas das declaracións de estados de alarma e a necesaria adaptación á nova realidade provocada pola Covid-19. Os límites máximos de subvención por beneficiario serán de 1.000 euros.

AVANTAR ACTIVIDADES