As e os socialistas esixen que o novo Pxom se leve ao pleno e se realicen informes para coñecer canto suporán para a cidadanía as posibles indemnizacións que traerá consigoo documento

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Nós apostaremos sempre por que o Urbanismo, nesta cidade, volva a ser legal e sostible”, afirmou a portavoz do PSdeG no Concello de Ourense, Natalia GonzálezBenéitez

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Lembrou, así mesmo, que o novo PXOM se reactivou logo de dous anos paralizado e despois de que anos atrás o PP renegase das modificacións que Jácome pretendía realizar no PXOM e de que Jácome criticase as intencións do PP que poñían por diante intereses privados aos públicos

Ourense, 28 de novembro de 2024. O grupo socialista ofreceu unha rolda de prensa para reclamar que se faga unha segunda exposición pública do novo PXOM e sinalar que non semella “casual o silencio do PP en canto á valoración do plan que dende o Concello de Ourense se remitiu á Xunta de Galicia”. A portavoz do PSdeG na Administración local, Natalia González Benéitez, expuxo que en próximas datas se remitirá de novo o documento solicitando tan só “pequenos requerimentos de forma que serán emendados polo executivo municipal”.

Nesta liña, sinalou que non está garantida a viabilidade económica nin a seguridade xurídica do documento e que non se recolle cal será o custe para a cidadanía das posibles indemnizacións que suporá. “Convocousenos para a Comisión de Seguemento do Plan Xeral de Ordenación Municipal para o vindeiro 4 de decembro e asistiremos, como non pode ser doutro xeito, pero ante os acontecementos que se deron nos últimos meses cremos que é un paripé”, afeou a tamén secretaria xeral do partido na cidade.

Lembrou, así mesmo, que o novo PXOM se reactivou logo de dous anos paralizado e despois de que anos atrás o PP renegase das modificacións que Jácome pretendía realizar no PXOM e de que Jácome criticase as intencións do PP que poñían por diante intereses privados aos da cidadanía. “Neses 2 anos a concelleira de Urbanismo, actual voceira do grupo municipal popular, pediu que se parase o plan cando o alcalde esixiu que se introducisen modificacións e solicitou un ditame externo para verificar a legalidade de ditas modificacións”, recordou. “Parece que agora todo vale”, contrapuxo a edil.

“Que xusto se reactivase o PXOM este ano, antes das reunións que mantivemos cos grupos da oposición para unha posible moción de censura, fainos pensar que as cartas xa estaban marcadas. Cremos que o novo pacto da Alameda non só inclúe aprobar o novo PXOM, senón tamén manter na cadeira a Gonzalo Pérez Jácome como alcalde ata 2027 e a Luis Menor como presidente da Deputación de Ourense, así como que se aproben as modificacións de crédito no Concello de Ourense que sexan precisas, aínda que non haxa orzamentos novos”, resumiu sobre as intencións coas que consideran as e os socialistas que actúan tanto o PP como DO.

Así as cousas, subliñou que en ningún dos expedientes aos que tivo acceso o PSdeG se pon de manifesto canto suporán as indemnizacións ás que se terán que facer fronte dende as arcas públicas. “Nós apostaremos sempre por que o Urbanismo, nesta cidade, volva a ser legal e sostible”, rematou ante os medios de comunicación.

Enviamos enlace ao audio coa rolda de prensa:

https://drive.google.com/file/d/18MkGdxPXAK4SuutDImB4A9KoSEXfuJAm/view?usp=sharing