O Psdeg-Psoe impulsará na Xunta a reforma da ” Lei de benestar animal “

O PSDEG-PSOE IMPULSARÁ NA XUNTA A REFORMA A “LEI DE BENESTAR ANIMAL” ANTE A “DESIDIA” E O “VILIPENDIO” DE FEIJÓO COA LEI ACTUAL

Publicidade

Os socialistas levarán tamén ao vindeiro pleno do Concello de Ourense do 17 de xullo unha moción para “reivindicar unha nova ubicación” para a canceira municipal de cans e gatos ante a parálise das obras A candidata, Carmen Rodríguez Dacosta, destacou o compromiso dos socialistas coa reforma íntegra da Lei 4/2017 de “Protección e benestar de animais de compañía” para pórse a traballar de seguido se o vindeiro 12 de xullo gobernan a Xunta

MOCIÓN PSOE PLENO XULLO 2020 – Nova Canceira Municipal de Ourense

A candidata número 3 do PSdeG-PSOE por Ourense á Xunta de Galicia, Carmen Rodríguez Dacosta, participou esta mañá nunha visita ás instalacións do albergue municipal de cans e gatos en Vilar de Astrés, acompañada por concelleiras do grupo municipal socialista, a deputada, Uxía Tizón e o secretario xeral das Xuventudes Socialistas, Xurxo Doval para coñecer de primeira man a situación na que se atopan e trasladarlle aos membros de PROGAPE –xestores actuais do servizo- a iniciativa que os socialistas realizarán no goberno da Xunta de Galicia para a reforma completa da Lei de Benestar animal.

A candidata, Carmen Rodríguez Dacosta, destacou o compromiso dos socialistas coa reforma íntegra da Lei 4/2017 de “Protección e benestar de animais de compañía” para pórse a traballar de seguido se o vindeiro 12 de xullo gobernan a Xunta. A socialista destacou a “pouca sensibilidade” que amosa o goberno de Feijóo na materia, o “vilipendio” xa co propio nome da lei. A candidata explicou a importancia de que non só se centre en animais de compañía senón que se inclúan tamén os animais do medio rural, a “necesidade urxente” de que haxa unha coordinación entre a administración autonómica e os diferentes concellos para traballar de maneira conxunta en prol da súa defensa ao seren “seres que non se poden defender por sí mesmo” e que precisan o amparo das institucións cun aumento das sancións para os casos de maltrato animal.

Así mesmo, dende o PSdeG levaranse a cabo campañas de sensibilización nas escolas. Os socialistas defenderán no Concello unha nova ubicación para o albergue municipal de cans e gatos www.psdegpsoeourense.es Tel. 988370386 Ribeira de Canedo 24-26 32001 Ourense @PSdeGdeOurense O PSdeG xunto co o grupo municipal socialista no concello ven reivincando de “forma reiterada” unha nova ubicación que se necesita para as actuais instalacións do albergue municipal de cans e gatos as cales veñen sendo demandadas tamén polos actuais xestores do centro, especialmente, polo risco de incendios que sofren e que nin Feijoo nin Jácome se dignan a escoitar ao longo destes anos.

Os socialistas denuncian unha vez máis o estado de abandono da protectora e da asociación por parte das institucións, tal e como explicou a concelleira, Concepción García Lozano, que reivindicou que xa dende o anterior goberno municipal do Partido Popular téñense solicitado unas medidas para a súa mellora. Por este motivo, o grupo municipal socialista defenderá no vindeiro pleno do Concello de Ourense unha moción para que se obteña unha nova ubicación do albergue garantindo as condicións de “seguridade, salubridade e benestar” dos animais que se atopan no centro despois de que nun ano, tanto o actual goberno coma o anterior, so fosen quen de poñer parches “inútiles” e perder a partida orzamentario de 220.000 euros que habían consignada para a realización das obras de mellora do servizo e que terían que ter rematadas este mes de agosto.

“É hora de ter unha inversión real para o albergue e a mellor inversión é obter unha nova ubicación”, destacan. García Lozano tamén puxo en valor a necesidade de “dar a coñecer a labor de voluntariado” que os cidadáns poden realizar coa posta en marcha dunha campaña informativa para que os ourensáns coñezan as actividades que poden desenvolver con PROGAPE como ser casa de acollida ou participando no paseos dos cans albergados