Concello de Piñor: concurso-oposición para contratar 1 xefe de brigada e 4 peóns

O BOP de hoxe publica a seguinte Resolución:

BOP

AVANTAR ACTIVIDADES

A Alcaldía, mediante a Resolución con data 5 de xuño de 2020, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para seleccionar e contratar cinco persoas para a brigada de prevención e defensa contra incendios (1 xefe de brigada e 4 peóns) por un período de tres meses.

Os/As interesados/as poderán presentar as súas solicitudes prioritariamente no rexistro electrónico do concello (https://pinor.sedelectronica.gal), ou no seu caso no rexistro xeral deste concello, en horario 9:00 a 14:00 h, con cita previa, durante o prazo dos cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.

As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no concello e na sede electrónica deste concello (https://pinor.sedelectronica.gal). O alcalde. Asdo.: José Luis González Rodríguez.