O pavillón Paco Chao acolle este sábado a Copa Deputación de patinaxe

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A COPA DEPUTACIÓN DE PATINAXE ARTÍSTICA VOLVE Á VIDA

O Carballiño acolle a primeira edición logo de pandemia

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O pavillón Paco Chao de O Carballiño será escenario o vindeiro sábado dende as dez e media e ao longo de toda a mañá da Copa Deputación de patinaxe artística na modalidade de libre individual. No histórico trátase da quinta edición do evento, pero non se celebra dende o 2019 polo que actividade estivo parada nos tres últimos anos.

Na Copa participarán os dous clubes da provincia con patinadoras e patinadores federados na FGP, o CD Ourela e o Club Aehde, que exerce como organizador e anfitrión. No evento, que contará con xuices da Federación Galega partipaciparán medio cento de patinadoras.

A celebración da Copa Deputación de Ourense é un argumento máis para dar visibilidade na provincia a un deporte que xa está consolidado e en expansión, pero que aínda ten moito camiño de percorrer para chegar a máis lugares do mapa ourensán.