Espazo Común solicitará a ampliación das medidas anunciadas polo goberno municipal

IES CHAMOSO LAMAS

ESPAZO COMÚN SOLICITARÁ A AMPLIACIÓN DAS MEDIDAS ANUNCIADAS POLO GOBERNO DO CARBALLIÑO NO DEBATE DO PLAN O CARBALLIÑO CON-VIDA 20

ARQUIVO

HIPER MASIDE

Xa na xornada de onte fixemos unha primeira análise das cifras ofrecidas polo alcalde Fumega na súa comparecencia para anunciar medidas de apoio económico aos sectores afectados pola crise derivada da pandemia do COVID-19, na que percibimos claramente que os anuncios quedan claramente lonxe de chegar a cubrir as necesidades reais do pobo.

Temos moi claro tamén que existen outras posibilidades para ofrecer maior tranquilidade e garantías a unha cidadanía que precisa delas con urxencia, por iso agardamos para canto antes a celebración dun pleno no que poidamos explicar e defender as propostas incluídas no PLAN O CARBALLIÑO CON-VIDA 20 (que figura como documento adxunto).

Esta nosa proposta foi consensuada con numerosos representantes dos diversos sectores que se están a ver inmersos en dificultades a causa do que estamos a padecer e xa foi rexistrada no Concello o pasado día 14 de abril.

Neste plan hai catro apartados fundamentais:

  1. Saúde Pública
  2. Protección social a familias
  3. Modificacións de impostos municipais
  4. Medidas de impulso económico da economía local

Sumando todas as que teñen impacto económico nas contas municipais mobilizaríanse 2.070.000 € en total, dos cales 270.000 € serían pola vía máis rápida, a das alegacións ao orzamento; 360.000 € rescatando cartos que non se precisan na partida de persoal e empregando 1.440.000 € do Remanente de Tesourería que segundo o afirmado polo alcalde é de 4.000.000 €.