Miguel Tellado e Alfonso Rueda participan mañá no Carballiño na romaría provincial do Partido Popular

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, será o encargado da inaguración oficial da primeira edición da Romaría do PP da provincia de Ourense, que terá lugar mañá no Carballiño. A organización deste evento, que reunirá a cargos, militantes e simpatizantes da formación política decidíu trasladalo ás instalacions do pavillón polideportivo Paco Chao, desbotando a ubicación inicial no Parque Municipal da vila debido á previsión de fortes precipitacións.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


O acto de apertura do festexo provincial dos populares será ás 13,00 horas, e tamén contará coa presenza do secretario xeral do Partido Popular, Miguel Tellado, e do presidente provincial, Luis Menor. O voceiro popular na Corporación e actual alcalde accidental do Carballiño, José Rafael Castro-Gil, será o responsable de saudar a tódalas persoas que asistan á romaría en calidade de anfitrión.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------