Máis de 270 equipos presentes nas catro citas automobilísticas da fin de semana

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A actividade deportiva non se detén nos diferentes certames autonómicos. Durante a fin de semana do 28 e 29 de setembro serán catro as citas automobilísticas que terán lugar na comunidade galega, con protagonismo para o autocross, slalom, karting e rallysprint e máis de 270 equipos entre as catro competicións.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O Rallysprint Val de Ramirás porá o punto e final a primeira edición do Campionato Xunta de Galicia de Rallysprint GT2i cun total de 89 equipos na liña de saída de Villavidal, centro neurálxico da proba ourensá.

Derradeira proba puntuable dun certame que xa é un éxito de participación e que nesta cita terá a 89 equipos inscritos. Desta forma, na tarde deste venres 27 de setembro terán lugar as verificacións opcionais, mentres que para a mañá do 28 de setembro quedarán os resto de verificacións recoñecementos dos dous treitos cronometrados, antes de dar comezo a proba a partir das 14:00 horas. Os equipos inscritos realizarán dúas pasadas aos dous treitos cronometrados, co fin da proba marcado para as 20:30 horas.

Xóganse o título absoluto, tres equipos. Antonio Fernández e Alberto González (Mitsubishi Lancer Evo X), José Manuel Pazos e David Calvo (Ford Fiesta R200) e Javier Martínez Carracedo e José Antonio Barrán (Renault 5 GT Turbo). Ademáis, haberá varias duplas con opcións de trinunfo coma as formadas por Antonio López e Raquel Rodríguez (Peugeot 106) ou os vencedores do Rally Ourense Ribeira Sacra, Daniel Berdomás e Brais Mirón, que competirán no Volkswagen Polo N1.

Na modalidade de Slalom, turno para o Concello de As Somozas. A localidade coruñesa acollerá a séptima parada dun certame tremendamente igualado e que serve como canteira do automobilismo galego. Na lista de inscritos máis de medio cento de participantes que loitarán pola victoria na xeral e trofeos autonómicos. A proba terá lugar o sábado 27 de setembro e dará comezo ás 08:30 horas da mañá coas verificacións técnicas e administrativas. A primeira manga de adestramentos comezará ás 10:30 horas da mañá, coa segunda xusto a continuación.

Despois do xantar, ás 16:00 horas, turno para as dúas mangas oficiais, das que sairán os gañadores. A entrega de premios está marcada para as 21:45 horas, nunha proba na que estarán os principais favoritos ao título coma Rubén Gandoy, Iván Picallo, Aitor Fornos, Daniel Mellado, Antonio Amor ou Pablo Castro, entre outros.

Carballo repite no Campionato Xunta de Galicia de Autocross cunha cita que reunirá a 54 equipos na liña de saída nas catro categorías presentes. O certame, que afronta a recta final da tempada, contará cos principais protagonistas do ano, nun circuito no que resulta complicado adiantar. As mangas de adestramentos comezarán a partir das 10:30 horas. Despois do parón de reacondicionamento do circuito ao mediodía comezarán as mangas clasificatorias, concretamente ás 15:00 horas. As finais están marcadas ás 19:00 horas.

Tamén pecha a tempada en Outeiro de Rei o certame de karting. O Campionato Xunta de Galicia de Karting, que este ano batiu todos os récords de inscripción dos últimos anos, afronta a última parada do curso no trazado lucense con máis de 70 equipos inscritos. Con todo por decidir, o sábado 28 de setembro estará reservado para os adestramentos libres e as carreiras da categoría non competitiva, a pre-rookie, antes de afrontar dende primeira hora da mañá do domingo 29 de setembro as competicións no resto de categorías. A actividade dará comezo ás 09:15 cos adestramentos libres. As carreiras están marcadas para as 11:45 horas e a entrega de galardóns aos mellores equipos ás 15:30 horas.