Comunicado do Partido Galego sobre a hostalería: Basta xá de acoso!!

A hostalería é un sector fundamental porque abrangue de forma transversal a economía, tanto nas aldeas e barrios, como centros comercias, ocio, turismo e miles de produtos e empresas prestadoras de servizos vinculados á mesma.

Publicidade

O día 1 de febreiro producíase un feito histórico en Galicia, o sector de hostalería que implica a milleiros de familias afectadas directamente e moitos máis milleiros indirectamente, xuntaba so uns centos de persoas nunha mobilización na capital galega en sinal de protesta pola “morte” do sector polas restricións que están a padecer por parte da Xunta de Feijoo, logo de que este os criminaliza acusándoos de ser os principais culpables do aumento de casos de afectados pola pandemia.

O sector hostaleiro é un do máis disgregado como colectivo, iso tradúcese que para acadar obxectivos en tempos de crise como agora, nin son fortes expoñendo as súas propostas a través de interlocutores amplamente recoñecidos, nin se escoitan a hora de convocar unha mobilización.

Posiblemente este sexa un dos motivos polos que o PP responsable do goberno da Xunta, botou de contas que é o sector feble organicamente e que se pode culpar da situación actual.

A realidade é moi diferente, xa se vía vir dende que Feijoo decretou no nadal aqueles días entre o 23-25, o 30-31 e o 1 e 6 de xaneiro que se podía volver a horario ampliado e sobre todo barra libre para visitas e tránsito aberto.

A ninguén se lle escapa que esa foi a decisión peor e culpable, por tanto é Feijoo o responsable. Pero se iso fora proba insuficiente, a pandemia seguiu subindo despois de decretar o peche da hostalería, ate que por fin xa someteu a Galicia ao confinamento perimetral de todos os concellos, e con iso cortouse o grande problema de verdade, que son os encontros familiares a saco.

Porqué se producen os encontros familiares a saco?, pois polo carácter sociable deste pobo e tamén como vía de escape por no poder quedar coas amizades nos locais de hostalería.

Centrándonos, a hostalería o que se lle pode é exixir o máximo control, nos horarios establecidos, no comportamento dos clientes dentro dos negocios, nos Rtes que as mesas teñan protección de separadores independentes, etc. Pero obviamente de manterse as distancias e controis, non é un sector máis perigoso que o poden ser determinados espazos nun centro ou área comercial ou calquera supermercado por poñer dous exemplos.

 O Partido Galego propón á Xunta de Galicia que traballe nas seguintes medidas:

·         As baixas por contaxio ou por confinamento non deben suporlle un gasto ás empresas. A administración pública debe correr con todos os gastos, pois non son derivados dunha mala praxe empresarial.

·         Dotar ao comercio e hostalería de axudas do 50% da diferencia entre o facturado o trimestre anterior e o mesmo trimestre do ano anterior, adaptándose así a cada negocio.

·         A hostalería terá o mesmo tratamento horario que calquera outro comercio e ou área comercial no período que dure o toque de queda vinculado ao estado de alarma.

·         Establecer un control rigoroso por parte dos corpos de seguridade, da actuación das persoas como clientes en xeral de calquera actividade comercial sen discriminación.

·         Definición dun Plan Estratéxico da Gastronomía Galega. Negociando coa administración do Estado xunto con outras Comunidades. Contemplando toda a cadea de valor e que sexa o referente da accións e aplicación de fondos.

·         Impulso dun Plan de Formación especifico para a mellora e xestión económica e a profesionalización do sector hostaleiro é turístico.

·         Nova regulación dos alugueres, para que a través dos plans de apoio se poidan compensar aos negocios en función dos tempos pechados en tempo total ou parcial pola pandemia.

Para impulsar accións de reactivación da demanda:

·         Compromiso de baixar impostos ao consumo, IVA ao 5%

·         Non subir impostos directos ou indirectos que lastren a capacidade de reactivación e a competitividade internacional da nosa industria.

·         Investir recursos en bonos e axudas directas a familias e empresas, aplicables ao consumo directo en hostelería (bares, restaurantes, hoteles…) que promovan o consumo e a actividade económica para o sector