Presentación do Campionato de España de Hóckey, que se celebrará en Ourense

Presentación do 68º Campionato de España de Hockei a celebrar no Pazo dos Deportes “Paco Paz” do 5 ó 7 de febreiro de 2021. Asisitenn Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense), Alberto Estévez Franco e Francisco Javier Masid Pérez (Presidente e vocal da Federación Galega de Hockei) e Bernardino González Vázquez (Asesor de deportes da Deputación Ourense):
Publicidade ASPADISI

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presentou hoxe xunto ao presidente da comisión xestora da Federación Galega de Hóckey, Alberto Estévez; e ao vogal da xunta directiva desta federación, Francisco Masid, a fase final do Campionato de España de Primeira División de Hóckey Sala Masculino, que organiza a Federación Galega de Hóckey e que se celebrará no Pazo dos Deportes “Paco Paz” de Ourense os días 5, 6 e 7 de febreiro. O evento será retransmitido vía streaming a través da canle de Youtube da Federación Galega de Hockey.  

O campionato, na súa 68º edición, dispútano os oito mellores conxuntos nacionais da categoría de Primeira División Sénior Masculino, divididos en dous grupos de catro equipos que disputan as primeiras prazas de grupo que dan acceso ás semifinais. Os equipos son: no Grupo A ( FC Barcelona, CD Málaga 91, CH Barrocas, R.S. Tenis La Magdalena) e no Grupo B (SPV Complutense, CH Madrid Las Rozas, CH Carpesa, CH Alcala). 

HIPER MASIDE

O campionato é clasificatorio para o EuroHockey Indoor Club Championships, o Campionato de Europa de Clubs, e o campión nacional terá clasificación directa, representando así a España nesta competición internacional.