Espazo Común critica a situación da “Fábrica de Papel” que segue pechada

NOTA INFORMATIVA DE ESPAZO COMÚN


DESPOIS DE GASTAR ALÍ 1 MILLÓN DE EUROS SÓ NO MANDATO DE FUMEGA, A FÁBRICA DE PAPEL SEGUE PECHADA

Un dos mellores exemplos da errática xestión do autonomeado “Rei do Asfalto”, que segue sen concretar cal vai ser o fin exacto das instalacións.

AVANTAR ACTIVIDADES

Chapuzas coma o edificio de recepción que afea notoriamente o proxecto de Gallego Jorreto definen como se xestiona o diñeiro público.

Despois dos cartos investidos e do tempo sen abrirse, podemos falar do Gaiás do Carballiño.

En días pasados cumplironse 7 anos dende a chegada á alcaldía do Carballiño de Francisco Fumega. 7 anos nos que non é esaxerado dicir que este pobo non avanzou o máis mínimo en ningunha das cuestións relevantes e non puxo en marcha nin unha soa nova infraestrutura de calado. Con esta afirmación pódese definir unha xestión que contou neste tempo con máis de 90 millóns de euros ao seu dispor. A pregunta obvia é: onde están?

Hai un exemplo moi esclarecedor do tempo e os cartos perdidos para O Carballiño: a Fábrica de Papel.

Un proxecto que xa ven dende hai moitos anos e do que Fumega sempre estivo no allo. Unha iniciativa que levada a tempo con eficiencia e seriedade debería ser un empurrón ao noso atractivo turístico e que rematou por converterse nunha pantomima de difícil explicación e nun constante dilapidar de cartos públicos. O Gaiás do Carballiño.

Dende o ano 2015 xa van alá máis de 1.000.000 de euros sen que a día de hoxe haxa data para a súa apertura nin tan siquera unha idea clara de a que se van adicar as instalacións.

Xa foi ofrecida a diversos colectivos, anunciada coma arquivo municipal, coma museo…

Entre as “fazañas” do actual goberno está o edificio anexo construído na entrada que nada ten que ver co proxecto orxinal redactado polo Premio Nacional de Arquitectura Manuel Gallego Jorreto e que ademáis de impedir a visión do edificio dende o camiño, afea imperdoablemente o entorno.

A perda de dous obradoiros destiñados a traballar nas instalacións e o anuncio xa de diversas datas de apertura (todas elas falsas, claro está) son outros dos lamentables exemplos do xeito de levar adiante un proxecto que semella non ter fin.

Por iso demandamos dende Espazo Común que se dea conta de todo o investido nas instalacións e, sobre todo, que se fixe unha data de apertura que sexa certa dunha vez.