Potiños lanza un concurso de fotografía con temática libre, con data límite ata o 9 de setembro

IES CHAMOSO LAMAS

Esta mañá presentouse no Concello do Carballiño un novo concurso fotográfico organizado pola Asociación Potiños, en colaboración co Centro Comercial Aberto  Carballiño e o propio Concello.

Os concursantes poderán presentar ata 3 fotografías de tema libre e cun formato determinado a través de correo electrónico á páxina web da asociación ata o 9 de setembro.  Concederanse tres premios: o primeiro deles, unha dotación económica de 400€ doado polo Concello do Carballiño e outros dous, un de 200 e outro de 100 en vales de compra promovidos polo Centro Comercial Aberto.

HIPER MASIDE

 Un xurado composto por membros destes organismos así como dous fotógrafos locais que achegarán unha visión máis profesional, encargarase de avaliar as características técnicas e artísticas das mesmas. 20 serán escollidas para expoñer no Arenteiro Fotográfico.

As bases do concurso pódense consultar na páxina web da Asociación Fotográfica Potiños.

Este concurso amósase como unha iniciativa que dá continuidade a actividade fotográfica en aumento na vila. A mesma asociación, que vén de colaborar en proxectos como o realizado polos alumnos do IES Chamoso Lamas, ve con ilusión as novas xeracións interesadas nesta actividade.

Ademais, recalca que son cada vez máis os participantes a este tipo de concursos e que a súa popularidade se estende, xa non só a nivel nacional, senón tamén internacional.