Sinistro viario con resultado dunha persoa ferida leve en Avión

Ocorrido ás 16:30 horas de hoxe, no km 25 da estrada OU-212 (N-541-Ribadavia), no termo municipal de Avión (Ourense).

Por causas que están a ser investigadas polo equipo de atestados do subsector de tráfico da Garda Civil de Ourense, o citroen C-4, ., que circulaba cara a Avión, primeiramente saíuse da vía pola marxe dereita do sentido da súa marcha, chocando contra a barreira metálica de protección, logo volveu á calzada e saíuse pola marxe esquerda, que tras chocar contra o noiro, terminou envorcando sobre o costado dereito.

AVANTAR ACTIVIDADES

A condutora foi evacuada en ambulancia do servizo de urxencias sanitarias 061 ao CHUO, en principio ferida leve.