O Carballiño reúne a mesa para a coordinación dos casos de violencia de xénero

Hoxe tivo lugar a reunión da Mesa de Coordinación para a mellora de atención ás vítimas de violencia de xénero do Concello do Carballiño, que foi convocada pola Concellería de Servizos Sociais do Carballiño, para ás 13:00 horas no salón de plenos do Concello. Esta mesa ten como obxetivo fundamental mellorar a atención e conseguir a súa adaptación ás necesidades reais das mulleres vítimas de violencia de xénero.

A citada mesa está constituída por diferentes administracións tales como o Concello do Carballiño, Centro de Información ás Mulleres do Carballiño, Policía Local, Centro de Saúde, Centros Educativos Posto da Garda Civil do Carballiño, Xuzgado e Subdelegación do Goberno de Ourense.

AVANTAR ACTIVIDADES