O Carballiño mantén a tendencia á alza, con 39 contaxios novos, ata un total de 367 casos activos

A capitalidade da comarca, o concello do Carballiño, rexistra hoxe 367 casos activos, 39 contaxios máis ca onte. Maside sobe ata os 59 casos, cinco mais ca onte. Boborás sobe dous casos ata os 27 contaxios. San Cristovo de Cea sobe ós 25, dous máis. San Amaro sobe ós 19, Punxín sobe ós 23 casos, oito máis, e O Irixo sobe ós 13 casos, dous máis. Piñor sobe un caso ata os seis e Beariz mantén cinco casos.

No Ribeiro, Ribadavia sobe 8 casos ata os 120 casos activos. Melón sobe dous casos ata os 35 contaxios. Leiro mantén 17 casos. Castrelo de Miño mantén 13 positivos. Avión sobe dous casos ata os 14, Cortegada sobe un caso ata os 13 positivos. Arnoia mantén 11 casos, Cenlle mantén 7 casos e Beade sobe un caso ós 6.

AVANTAR ACTIVIDADES

A comunidade galega rexistra hoxe 3.749 contaxios, un ritmo de novos positivos que presenta un incremento. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 52.588, a cifra máis alta dende o inicio da pandemia. A ocupación das camas dos hospitais equilíbrase. Do total de pacientes positivos en Galicia, 55 (+2) están en UCI e 318 (+48) en unidades de hospitalización.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra 613 contaxios novos, unha cifra que ascende notablemente, e restando as altas, os casos totais chegan ata os 5.998 casos activos, un repunte notable. Os hospitais hoxe presentan 55 (+1) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 5 (-1)  na UCI.