O Carballiño sobe ós 15 casos, O Irixo mantén 9 positivos e Maside segue con dous contaxiados

A comarca sobe hoxe o número total de casos activos de coronavirus ata os 26. A evolución mantense pendente dos casos do Carballiño, O Irixo e Maside.

O Carballiño aumenta os contaxios, subindo ata os 15 positivos, un caso activo máis ca onte.

AVANTAR ACTIVIDADES

O Irixo rexistrou un brote familiar que se iniciaba con 5 casos activos. E o cribado celebrado o pasado mércores deixou 4 positivos, que sumados ós que xa había, deixou a cifra de 9 contaxios, que se mantén dende o pasado xoves.

Maside mantén 2 casos activos, saíndo xa das cifras de perigo.

E os demais concellos,  Boborás, San Cristovo de Cea, Beariz, Piñor, Punxín e San Amaro están libres de coronavirus.