A Escola Deportiva Terras de Maside ensina a Torre do Reloxo ós rapaces

A Escola Deportiva Terras de Maside realizou hoxe unha visita guiada cos rapaces como actividade de fin de tempada. Baixo a actividade “A historia da nosa camiseta” os nenos coñeceron hoxe a Torre do Reloxo de Maside, grazas a un guía que lles foi explicando o seu funcionamento e todas as curiosidades en torno a ela. Para garantir a seguridade desta iniciativa, os rapaces fixeron a actividade divididos en grupos. Estes próximos días terán máis actividades cos rapaces.