A Consellería de Medio Rural actualiza a situación do slumes na nosa contorna. Na xornada de onte, producíanse de novo varios lumes na nosa contorna. O incendio no concello de Melón, rexistrouse ás 22:39 horas do luns na parroquia de Quins e está xa controlado dende as 19:43 horas de onte martes. A superficie estimada é de 75 hectáreas e na súa extinción traballan 12 axentes, 19 brigadas, 14 motobombas e unha pala, catro avionetas e tres helicópteros.
O luns tamén se iniciou un incendio no concello de Cenlle, na zona da Pena, que segue activo afectando a 62 hectáreas aínda que evoluciona favorablemente cara a súa estabilización. Nel traballan dous técnicos, 23 axentes, 49 brigadas, 30 motobombas, tres palas, oito avionetas e 9 helicópteros.