Marina Ortega do grupo socialista leva ao parlamento unha proposta para reclamarlle á Xunta que garanta a continuidade do centro de control integrado de Iberdrola en a Rúa

A parlamentaria socialista Marina Ortega levará á Comisión de Industria que se celebra hoxe mércores, a partir das 10,30 h.,unha proposición non de Lei para esixirlle á Xunta que garanta a continuidade do Centro de Control Integrado de Iberdrola no Concello de A Rúa.

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa da súa deputada e do seu deputado, Marina Ortega Otero, Martín Seco García, Carmen Rodríguez Dacosta e Leticia Gallego Sanromán, a través do seu portavoz e ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara presentan ante esa Mesa a seguinte Proposición non de lei en Comisión 6.ª, Industria, Enerxía e Turismo.

AVANTAR ACTIVIDADES

Exposición de motivos

A principios do ano 2019 tíñase coñecemento de que por parte de IBERDROLA estaba previsto que o Centro de Operación de Cuenca (COC) do río Sil de A Rúa desaparecera e se trasladara a outra Comunidade Autónoma.

Este Centro forma parte da historia hidráulica de Galicia, xa que a súa apertura data de 1955, sendo o mais antigo de Galicia e está formado por técnicos de alta cualificación que tamén levan control das augas superficiais de Galicia, materia de interese público para a nosa Comunidade Autónoma

Xa en maio de 2019 se produciron distintas manifestacións e concentracións en contra deste movemento de deslocalización que pretende Iberdrola e a pesares de que a empresa negou tal extremo, aos concellos afectados e os sindicatos, a empresa eléctrica insiste en trasladar a Salamanca dita infraestrutura cun proceso de reordenación dos centros de control que contempla que unicamente continúe o de Salamanca, co fin de que dende alí controle e supervise tódalas instalacións hidroeléctricas que a empresa posúe en España

Esta decisión é inxustificable por unha empresa que factura mais de 380 millóns en Galicia, con centrais que explotan os recursos públicos galegos e que maioritariamente xa están amortizados e que conta con importantes proxectos coma parques eólicos polo territorio rural de Galicia.

A empresa debe respectar a Galicia e debe ter un comportamento coas poboacións do rural da provincia de Ourense que corresponda co beneficio que obtén dos nosos recursos. Debe corresponder mantendo emprego estable e de calidade no rural, cooperando en corrixir os desequilibrios territoriais que sofre.

A desaparición do Centro de operacións da comarca de Valdeorras, suporía a perda de empregos cualificados, a perda de actividade económica con diversas empresas colaboradoras, e un duro golpe a unhas poboacións do rural onde os empregados residen.

A proximidade dos servicios que xestionan ós recursos é ademais unha vantaxe na eficacia e rendibilidade dos centros de produción. A proximidade as administracións que controlan eses recursos facilita a realización de trámites, así como a propia coordinación e da tranquilidade ante as diversidade de incidentes e riscos nestes recursos.

Por tanto o Grupo Parlamentario Socialista entende que o Goberno galego debe de facer todo o que este na súa man para manifestar a súa exixencia de que IBERDROLA manteña o Centro de Control integrado (COC) no concello de A Rúa en correspondencia coa explotación de recursos naturais públicos a través do que desenvolva a súa actividade económica.

Polo exposto, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, presenta a seguinte Proposición non de lei:

“O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:

1. Tomar todas aquelas medidas que sexan necesarias para evitar o traslado do Centro de Operación de Cuenca (COC) do río Sil radicado no concello de A Rúa.

2. Cumprir o acordo da Comisión 6.ª, do 5 de xuño de 2019, da resolución publicada no BOPG núm. 465 do 6 de xuño de 2019:

O Parlamento de galego acorda instar a Xunta de Galicia a:

1.Expresar o seu compromiso con defender o mantemento dos postos de traballo de Iberdrola na Comarca de Valdeorras así como no resto de Galicia como compensación do impacto social que ten a produción enerxética no noso país.

2.Manter o diálogo e colaboración cos concellos das comarcas de Valdeorras e Trives e calquera outra institución galega comprometida nestes obxectivos.

2.Manter o diálogo e colaboración cos concellos das comarcas de Valdeorras e Trives e calquera outra institución galega comprometida nestes obxectivos.

PUBLICIDADE