Avión descende os casos activos ata os 9 e Ribadavia mantén cinco casos

No Ribeiro, a comarca presenta un total de 20 contaxios. Avión segue á cabeza en infeccións activas por covid, con 9 casos activos, un menos ca onte. Ribadavia mantén os 5 casos de onte.

Castrelo de Miño presenta tres casos activos e Beade presenta dous casos activos. Cortegada conta cun positivo dende onte. E Arnoia, Carballeda de Avia, Cenlle, Melón e Leiro están libres de covid.

AVANTAR ACTIVIDADES