O concello de san Cibrao das Viñas acolle o pleno máis solidario do ano

IES CHAMOSO LAMAS

Aprobado por unaminidade unha achega económica de 3.000€ en concepto
de axuda humanitaria para Ucraína.
● Aprobada unha dotación de 150.000€ destinado á ubicación dunha
residencia de maiores dentro do plan especial de Reboredo.
● Aprobada a moción do grupo socialista de rexeitamento á agresión de
Rusia contra Ucraína.

O Concello de San Cibrao das Viñas acaba de aprobar no Pleno ordinario do mes de marzo os seguintes puntos:
1.APROBACIÓN DE APORTACIÓN ECONÓMICA PARA UCRAÍNA
RESUMEN VOTACIÓN: Aprobado por unanimidade.
O pleno do concello de San Cibrao das Viñas, aprobou por unaminidade a achega económica de 3.000 euros en concepto de axuda humanitaria a Ucraína.
Esta aportación farase a través da ONG Cruz Vermella Española, e tal e como se recomenda desde a FEMP, a modo de doazón en efectivo. Neste momento é a mellor forma de axudar, e sobre todo, dado que o Concello non dispón de máis medios para a
acollida de refuxiados.
“Nestes momentos é necesario axudar á poboación ucraína, é un pequeno gran de area de parte de toda a poboación de San Cibrao e facémolo de forma económica que é o que se recomenda desde as ONG presentes na zona”, expoñía no pleno o alcalde
Manuel Pedro Fernández.
Isto compleméntase tamén coa doazón doutros materiais, que están a achegar as empresas e veciños e veciñas do noso Municipio.
En colaboración coa Área de Benestar da Deputación de Ourense estase a levar a cabo unha recollida para axudar ao pobo ucraíno. Todos os que queiran aportar o seu gran de area poden facelo ata este xoves 31 de marzo, entregando os produtos que
queira doar no local social de San Cibrao, que era a antiga biblioteca municipal.

HIPER MASIDE
  1. APROBACIÓN DE DOTACIÓN ECONÓMICA PARA A REDACCIÓN DO PROXECTO DE URBANIZACIÓN DA PRIMEIRA FASE DO PLAN ESPECIAL DE REBOREDO E
    TAMÉN DA DIRECCIÓN DE OBRA E COORDINACIÓN DE SEGURIDADE E SAÚDE
    RESUMEN VOTACIÓN:
    10 VOTOS A FAVOR do grupo de goberno do PP.
    1 VOTO EN CONTRA do grupo da oposición PSOE. Votos a favor de todos os concelleiros, excepto Juan Carlos Outeiriño que votou en contra.
    Continúa adiante a tramitación do Plan Especial de infraestructuras e dotacións do núcleo de Reboredo.
    O pleno do concello de San Cibrao das Viñas, aprobou a dotación económica de 150.000€ para a redacción do proxecto e dirección de obra da primeira fase do plan especial de Reboredo.
    Este presuposto está destinado á ubicación dunha residencia de maiores.
    A data de 2 de marzo de 2022, asinouse un acordo marco entre a FEGAMP e o Consorcio de Servizos de Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia para o desenvolvemento dun plan de
    investimentos para a construción, reforma ou ampliación de Equipamentos Públicos Sociais subvencionados por fondos europeos.
    Dentro dos proxectos subvencionados, están a construción de residencias da terceira idade. Isto fai que urxa contratar coa maior rapidez a redacción do proxecto de urbanización da primeira fase deste plan. Desta forma, poderase proseguir coa solicitude de
    fondos económicos para a construción da residencia de maiores situada no recinto deste Plan especial de Reboredo.
    “É necesario aprobar esta dotación económica a través dunha modificación de crédito, incorporando remanente de tesourería para poder acceder á subvención do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e así construir unha residencia de maiores
    necesaria para o noso Concello e poder dar ese servizo aos nosos veciños”, explicaba o alcalde.
  2. MOCIÓN DO PSOE DE APOIO A UCRAÍNA
    RESUMEN VOTACIÓN: Aprobado por unanimidade.
    O Concello de San Cibrao condena enerxicamente a agresión
    de Rusia a Ucraína, rexeitando totalmente a invasión das forzas
    militares rusas, e expresa a súa solidariedade co Goberno e co pobo
    ucraíno.
    Esta agresión supón unha flagrante violación do Dereito
    Internacional e contra a soberanía e a integridade territorial de
    terceiros países.
    Este Concello, posiciónase a favor da resolución pacífica de
    conflitos, apoiando as accións dirixidas a facilitar o diálogo, así como
    a favor de sancionar o incumprimento do dereito internacional.
    Por todo o anterior, o grupo municipal socialista instou ao Pleno
    da Corporación a adoptar os seguintes acordos que foron aprobados
    por unaminidade:
  3. Reclama a fin das hostilidades e o retorno á vía da negociación e
    da diplomacia, reiterando a necesidade de cumprir cos Acordos de
    Minsk e co dereito internacional.
  4. Expresa a súa solidariedade con todas a vítimas deste conflito e
    damos todo o noso apoio ás organizacións que traballan pola
    defensa e protección dos dereitos humanos.
  5. Maniféstase ao carón do Goberno de España e da Unión Europea
    reivindicando a legalidade internacional e o restablecemento
    inmediato da paz, tendo como guía nesta crise os principios e
    valores democráticos que compartimos con Europa.
  6. Expresa o máis firme compromiso coa defensa dos principio de
    democracia, o estado de dereito e a protección dos dereitos
    fundamentais contemplados no Preámbulo do Tratado de
    constitución da Alianza do Atlántico Norte e no de constitución da
    Unión Europea.
  7. Mostra o apoio á Unión Europea para que se interpoñan as
    sancións precisas co fin de que se poña fin ó conflito ante estes
    feitos tan graves que ameazan a paz e as liberdades e dereitos
    fundamentais dos cidadáns ucraínos.
  8. Apoia que se realicen todos os esforzos necesarios para mobilizar
    recursos a fin de acoller a refuxiados provenientes do conflito de
    Ucraína.