O PSOE do Irixo celebra os traballos de limpeza no río Viñao por parte da Confederación

A limpeza do río Viñao era unha demanda dos socialistas que xa dende o ano 2016 levaron os plenos do Irixo diversas mocións para a limpeza do rio Viñao e outra media ducia de mocións relacionadas ca conca hidrográfica.

O portavoz socialista do Irixo Iago Fariñas Valiña, reuniuse no seu día co Presidente da Confederación Hidrográfica Miño Sil, José Antonio Quiroga Díaz, para solicitar a limpeza do rio Viñao, xunto con outras actuacións, especialmente o seu paso pola Ponte no Irixo.

AVANTAR ACTIVIDADES

Aseguran os socialista que O Irixo suspende en limpeza e conservación dos seus ríos cun saneamento deficitario ou inexistente, fosas sépticas sen legalizar ou vertendo o rio directamente cando non o medio dun rego ou dunha silveira sen fosa séptica.

Agradecen os socialistas o traballo da Confederación Hidrográfica Miño Sil e do seu presidente José Antonio Quiroga Díaz e instan o goberno municipal e o seu alcalde, a que faga unha xestión real e transparente para toda a veciñanza, que pasa por acometer o saneamento integral do Irixo para manter a limpeza dos rios, como xa teñen demandado reiteradamente en diversas mocións.