Rompe o inmovilizador instalado pola Garda Civil e continua conducindo ebrio.

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Os feitos tiveron lugar a noite deste mércores na travesía do Barco, cando Axentes da Garda Civil pertencentes ao Posto da Rúa, sendo previamente alertados por un Axente franco de servico, detectaron en circulación a F. J.D. L. de 63 anos nun vehículo que fora inmobilizado por Compoñentes do Destacamento do Barco, á primeira hora da noite do luns tras arroxar este condutor taxas de 0.82 e 0.78 mlg/ l en aire expirado, máis do triplo do máximo permitido.

A cronoloxía de acontecementos sen dúbida resulta canto menos rechamante. Na noite do luns instrúense dilixencias ao condutor apuntado por un delito contra a seguridade viaria, ao arroxar taxas de alcol en aire constitutivas de delito. Acto seguido inmobilízaselle o vehículo mediante o sistema de barra inmovilizadora empregado pola Garda Civil para garantir que o condutor non constitúa un perigo para si mesmo e para o resto da circulación.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Na mañá do día 2 púidose constatar que o vehículo inmobilizado non se atopa no lugar da inmobilización, concretamente no quilómetro 453 da N-120. Con todo esa mesma tarde o citado condutor mediante chamada á Central Operativa de Tráfico; se solicitou que se levantase a inmobilización que veu dar inicio aos feitos que nos ocupan. Acudindo ao lugar os Axentes en servizo, no lugar non se constatou nin condutor nin vehículo. Non se tería coñecemento do paradoiro do automóbil nin do responsable do mesmo ata as 2 da madrugada do mércores, cando Axentes da Garda Civil detectarían ao citado condutor facendo uso do vehículo inmobilizado polas rúas do Barco. Ao lugar acudiron en apoio Axentes do Destacamento de Tráfico de Verín.

Na segunda intervención dos Axentes do Instituto Armado con esta mesma persoa e en análogas circunstancias ás acaecidas con anterioridade, púidose constatar que o home presentaba un elevado estado de embriaguez, negándose a efectuar as probas de impregnación etílica.

A Negativa para someterse ás probas de impregnación está contemplada no noso Código penal podendo conlevar penas de presión de 6 meses a un ano e privación do permiso de condución de ata 4 anos.

Como dato Curioso; o Home forzara o dispositivo de inmobilización no seu punto de ancoraxe co embrague e dunha forma dificilmente comprensible conseguiu manexar o vehículo a pesar de contar cun extremo da devandita barra inmovilizadora fixado ao volante.

Segundo Quebrantamento; O vehículo foi novamente inmobilizado esta vez requisándoselle as chaves do mesmo tras o que o home continúo o seu camiño a pé. Pero na tarde do mércores constatouse que fora quebrantada esta segunda inmobilización, localizándose o vehículo esta vez nun lugar próximo ao domicilio.