Cortegada mantén 8 casos activos e Ribadavia e Beade un contaxiado cada un

Cortegada conta hoxe con oito casos activos, os mesmos ca onte. A evolución deste concello volve a preocupar, duplicando os casos nun día, logo de superar un brote a pasada semana. Hoxe presenta o máximo da comarca.

Ribadavia baixa un caso activo para contar cunha soa persoa contaxiada. O concello de Beade conta hoxe cun so positivo, mantendo a mesma cifra ca onte. Recordamos que Beade fixo fronte a un brote de 7 persoas que o puxo coma único concello galego en nivel máximo de restricións.

AVANTAR ACTIVIDADES

Melón onte incorporaba dous casos activos que hoxe descenden na súa totalidade para estar de novo libre de covid.

Os demais concellos, Leiro, Arnoia, Avión, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño e Cenlle están libres de covid.