O pavillón Paco Chao acolle a fin de semana a Copa Galega de grupos show

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O pavillón Paco Chao do Carballiño acolle ao longo a vindeira fin de semana (8 e 9 de xullo) a Copa Galega de grupos show. O sábado, dende as cinco será a quenda para as formación de Primeira categoría e o domingo, co mesmo horario, para os de Segunda. Para o evento están acreditadas un total de 626 persoas en representación de 35 clubs de toda Galicia.

A organización, delegada pola FGP, corre a cargo de Club Patinaxe Aehde O Carballiño, que no ano do seu décimo aniversario, está concentrando un bo número de citas. Só dende o pasado 18 de xullo, leva organizado catro con 1.100 patinadoras e patinadores pasando polo Carballiño co que iso supón a nivel de retorno económico para a localidade. O trofeo Terras do Orcellón abriu o lume, seguiulle a Gala da Escola Aehde de Patinaxe e a II Fase de Niveis do 1 ao 4, rematando agora periplo ca Copa Galega.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Con esta aposta trata de darlle visibilidade a unha modalidade deportiva que pouco a pouco vai medrando na provincia de Ourense.

De cara a fin de semana, tanto sábado pola mañán como domingo pola mañán, terán lugar os adestramentos oficiais de cada equipo (15 minutos), e polas tardes as competición que reparten os últimos galardóns da tempada de show en Galicia.

O horario de competición é o seguinte:

Sábado 8 de xullo

Primeira categoría

17 horas: cuartetos

18.15: Grupos júnior

19.00: Grupos pequenos

19.25: Grupos grandes

20.00: Entrega de trofeos

Domingo 9 de xullo

Segunda categoría

17 horas: Grupos pequenos

20 horas: Grupos grandes

20.45: Entrega de trofeos