A unidade móbil de doazón de sangue estará en Carballeda e Avión

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A unidade móbil do servizo de doazón de sangue estará este vindeiro mércores no concello de Carballeda de Avia, en horario de tarde dende as 16:00 horas ata as 18:00 horas e despois desprazaranse ata Avión, dende as 18:30 horas ata as 21:00 horas.

Lembramos a importancia de colaborar coa doazón de sangue para manter as reservas dos hospitais.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Recordamos que pode acudir calquera persoa, con ou sen cita previa, que estea san, sexa maior de 18 anos e menor de 65 anos, non teña unha cirurxía, tatuaxes ou perforacións en menos dun ano, pese máis de 50 quilos e non estea tomando medicamentos.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------