Alfonso Albor recibirá o premio “Vida entre vides” da D.O. O Ribeiro

Alfonso Albor Rodríguez, da adega Pazos de Albor, é o galardoado da edición 2020 co Premio “Vida entre Vides” co que o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro recoñece a andaina dos profesionais que, coa súa dedicación e traballo, fixeron posible o desenvolvemento e recoñecemento dos seus viños.

A cerimonia de entrega será unha parte destacada na gala dos Premios da D.O. Ribeiro, o venres 18 de decembro ás 10.30 horas, no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela.

AVANTAR ACTIVIDADES

Juan Manuel Casares, presidente do C.R.D.O. Ribeiro, sinala sobre o galardoado: “encarna a historia do Ribeiro e ademais deixa patente que, con casos coma estes, poderíanse paliar as deficiencias no mundo rural”.