Ribadavia recibe preto de 38.000 euros para mellorar a seguridade viaria e accesibilidade do parque empresarial

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Concello de Ribadavia vén de recibir unha subvención de 37.827,02 euros da Consellería de Economía e Industria para mellorar as infraestruturas viarias do parque empresarial. O investimento permitirá reforzar a seguridade e accesibilidade das beirarrúas e das vías de acceso e interiores do espazo industrial. “Estas medidas permitirán poñer en valor o noso parque empresarial e contar coas mellores infraestruturas posibles, xa que proximamente se porá en marcha da terceira fase do mesmo”, explica César Fernández, alcalde de Ribadavia. Nesa liña, recorda que o espazo empresarial se atopa ao 100% de ocupación, sen parcelas dispoñibles debido a elevada demanda.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

A actuación prevista inclúe a ampliación do ancho de varias beirarrúas, nas que actualmente non é posible o paso de persoas con mobilidade reducida. Por outra banda, mellorarase a accesibilidade dun paso de peóns do parque empresarial coa instalación de pavimento podotáctil para persoas invidentes e a colocación dun rebaixe para facilitar o paso de cadeiras de rodas e carriños desde a beirarrúa á calzada.

A intervención tamén contempla a renovación íntegra da sinalización horizontal dos viais de acceso e dos interiores, desgastada polo paso do tempo. Trátase dunha mellora moi necesaria para reforzar a seguridade dos numerosos conductores e peóns que transitan pola área empresarial.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------