“Crónica dun pobo” será a próxima actuación da Mostra de Teatro Amador

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

A XVI  Mostra de Teatro Amador “Terras do Orcellón” que continúa coas súas representacións coa comedia CRÓNICAS DUN POBO a cargo de Gargallada Teatro do Barco de Valdeorras. Coma sempre será no Auditorio Manuel María do Carballiño ás oito da tarde deste sábado, 14 de outubro.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

“Nas guerras todas as nais padecen do corazón”. Crónica dun pobo achega á escena unha visión traxicómica sobre as guerras e os réximes autoritarios desde o punto de vista das xentes do común, que son realmente quen padecen as súas desastrosas consecuencias. Todo isto pasado pola peneira do humor mordaz de Miguel Gila a través das clásicas escenas do absurdo nos campos de batalla e nos cuarteis, protagonizadas por un mariñeiro e un ferreiro que son amigos pero en realidade son inimigos, unha avoa que debe coidar do seu netiño, unha rapaza trastornada pola barbarie, un vendedor de globos de cores e bonecos, unha muller a quen os bombardeos impiden ir lavar a roupa e un ditador co seu séquito de secretarios, censores e verdugos, aclamado por folclóricas e toureiros. Farsa histórica do que un día non moi distante estragou todo un país e que nunca xamais debería volver suceder.

ELENCO

Xosé Lois CondeMarcos e Toureiro
Juanjo FernándezDavid
Reyes LimiaSeñora e Flamenca 1
Jose Manuel G. BoraceCecilio
Álvaro BañosSoldado e Asistente
Aurora FernándezAvoa
Carmen HernándezRapaza e Flamenca 2
Lalo SántosCapitán e Secretario
Manuel GonzálezSarxento
Moncho DíazVendedor ambulante e Censor
Ángel RodríguezVerdugo
Emilio González LópezDitador
Xabier BlancoCorneta, Guitarra e Flamenco
Antela RooAcordeón

EQUIPO TÉCNICO

DirecciónManuel Caramés
Don NicanorArtesanía Enxebre
EscenografíaGargallada Teatro e Carpintería Raúl
VestiarioConfecciones Mayayo e Manuel Caramés
Iluminación e SonVanesa Yáñez (Ton & Son) / Manuel Caramés

Duración: 70 minutos.

Comedia. Para tódolos públicos.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------