A Xunta fará unha desescalada das medidas actuais para “non dar un paso en falso”

O comité clínico deu conta esta mañá das decisións tomadas na tarde de onte. O titular da carteira sanitaria, Julio García Comesaña, apuntou que os últimos datos amosan un ritmo de descenso dos casos do 5,6% nos últimos sete días. Na última semana, o SERGAS realizou 160.000 probas diagnósticas, que deron como resultado unha taxa de positividade do 6%. Comesaña realizou un chamamento xeralizado á poboación galega para que cumpra con esas chamadas ós cribados.

A pesar de que a situación avanza a bo ritmo de baixada de casos, as áreas de críticos aínda presentan preocupación.

AVANTAR ACTIVIDADES

Respecto ó plan de vacinación, acabaron o proceso nos centros sociosanitarios e cos profesionais sanitarios de primeira liña e dende esta semana comezarase co persoal sanitario xeral.

Comesaña destacou que tras recibir 11.100 doses da vacina de Astrazeneca dende mañá mesmo comezarase a campaña cos profesionais do Servizo de Axuda no Fogar menor de 55 anos.

O presidente da Xunta destacou que Galicia está vendo os froitos das medidas tomadas e que se porá en marcha a partir da semana que ven comezarase un plan de desescalada para non dar “pasos en falso”.