Esiximos coñecer o proxecto que supostamente ía ser unha mellora para os nosos ríos.
Onte comezaron na localidade da Quinza os traballos anunciados dende o Concello, de “tarefas de limpeza” nas marxes do Avia, Miño, Cerves e Outeiro. Traballos a cargo de brigadas da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.
Os traballos realizados onte na zona do campo da festa da Quinza están a resultar nunha masiva e indiscriminada corta de árbores da ribeira do Avia, sobre a que a propia veciñanza non dá crédito.
Consideramos que os traballos deben centrarse na recuperación das ribeiras dos nosos ríos, retirando refugallos, maleza e árbores secas, repoboando alí onde sexa necesario.
A corta de árbores de ribeira está extremadamente regulada polo seu valor ambiental. Por elo vimos de solicitar o proxecto de actuación destes traballos que está a realizar a Confederación Hidrográfica.
O BNG soubo destes traballos por medios e redes de información, sen que puideramos polo tanto valorar o que se ía facer e achegar propostas.