O PP de Ribadavia celebra que a súa iniciativa de cambiar todo o alumeado público do concello a led recibise un premio do I.C.O.I.I.G.

Os populares recordan que o proxecto premiado foiunha iniciativa do goberno popular que presentou este proxecto no IDAE no mes de xuño de 2020.

O Partido Popular de Ribadavia celebra que o Ilustre Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia, premiase a iniciativa do concello de apostar pola eficiencia enerxética cambiando a LED a totalidade do alumeado público do concello. Hai que lembrar que este proxecto foi unha iniciativa do goberno do Partido Popular de Ribadavia que presentou ante o “Instituto para la Diversificación y el Ahorro de Energía” (IDAE) o 17 de xuño de 2020.

AVANTAR ACTIVIDADES

O proxecto de aforro e eficiencia enerxética no alumeado público do Concello de Ribadavia, presentado ante o IDAE, foi aprobado pola Xunta de goberno do concello de Ribadavia celebrada o 15 de xuño de 2020, e presentado ante o IDAE o día 17 de xuño de 2020, baixo o goberno do Partido Popular. A resolución de concesión desta subvención do IDAE chegou ao Concello de Ribadavia o día 18 de marzo de 2021, uns poucos días despois da celebración do debate da moción de censura que colocou no goberno aos dous grupos que hoxe non se falan entre sí.