O’Potiños entregará os premios do concurso libre o día 9 de outubro

A Asociación Fotográfica O’Potiños anunciou ós gañadores do concurso de temática libre que estivo en marcha durante os meses de verán. A esta convocatoria presentáronse 120 imaxes de gran calidade, e ademais procedentes dende todo o territorio nacional. As vinte mellores imaxes conformarán unha das exposicións do próximo evento “Arenteiro fotográfico”.

Os gañadores foron, o primeiro premio, de 400 euros outorgado polo concello, para Rosa belén Leste, ca foto “Quéreme, non me quere… quérome”. O segundo premio, con 200 euros en vales de compra nos establecementos asociados do CCA, para Javier Arcenillas baixo o título “Refuxiado”. E o terceiro premio, con 100 euros en vales de compra nos establecementos asociados ó CCA, para Begoña Amaré, baixo o título “O Toque”.

AVANTAR ACTIVIDADES