Os círculos de Podemos en Ourense amosan a súa preocupación pola campaña propagandística da Xunta para facer tests nas farmacias contra o criterio profesional

Dende o Círculo de Podemos no Carballiño asistimos con certo estupor e moita
preocupación ao anuncio feito por parte da Consellería de Sanidade e do
Colexio Oficial de Farmacéuticos no que as farmacias de cinco concellos de
Ourense farán tests serolóxicos para a detección de persoas positivas
asintomáticas.
E a nosa preocupación nace de varios comunicados emitidos tanto polo
Consello Galego de Colexios Médicos como por parte do Sindicato de
Enfermería SATSE.


Ambos comunicados coinciden no risco que supón para o conxunto da
poboación que ditas probas se realicen nas farmacias, ao ser estas centros que
non están habilitados para a realización de ditas probas, ao igual que o persoal
farmacéutico tampouco está cualificado para realizar ditos tests, pois os
mesmos son só parte da avaliación, e por tanto deben ser prescritos sempre
por un médico (así ben recollido claramente no ordenamento das profesións
sanitarias).
Aparte que o encontro e convivencia temporal nas farmacias de persoas
positivas asintomáticas con persoas sans que vaian comprar medicamentos é
un grave risco de posibles contaxios.
Non entendemos como dende a Consellería de Sanidade lanzan unha
campaña desta índole, expoñendo á poboación a posibles contaxios nas
boticas, xa que sabemos que as solicitudes para estas probas están sendo
masivas, onde se realicen estas probas e onde evidentemente compartirán
espazo con persoas positivas asintomáticas. A asistencia masiva a estas
instalacións vai xustamente en contra de todas as medidas que dende a
Sanidade Pública se están recomendando: illamento, persoal cualificado para a
realización das probas, evitar aglomeracións, etc.

AVANTAR ACTIVIDADES

Atendendo pois a todo isto, dende os Círculos de Podemos en Ourense,
O Carballiño e Lobios facemos un chamamento ás autoridades
pertinentes, en este caso á Xunta de Galicia e ao Colexio Oficial de

Farmacéuticos, para que anulen esta campaña propagandística e que pon
en risco a saúde e a seguridade das veciñas de Ourense, Barbadás, O
Carballiño, O Barco de Valdeorras e Verín e o control da pandemia.
Iso sen entrar xa a valorar os motivos desta campaña feita de modo tan
irresponsable, neglixente e con certos intereses de fondo, pois temos
constancia de que moitos de estes test caducan en breves días.
Tamén queremos facer un chamamento a toda a veciñanza destes
concellos para que en base aos comunicados tanto do Consello Galego
de Colexios Médicos como do Sindicato de Enfermería SATSE teñan en
conta as recomendacións dos mesmos e NON ACUDAN ÁS BOTICAS A
FACER ESTAS PROBAS E O FAGAN NOS CENTROS SANITARIOS DA
NOSA PROVINCIA.
Pedimos pois que a cidadanía actúe con responsabilidade e civismo, pois no
xeito correcto de actuar de cada unha de nós recae o benestar, a seguridade e
a saúde de toda a poboación.
Enlace comunicado do Consello Galego de Colexios Médicos:
https://www.europapress.es/galicia/noticia-consello-galego-colexios-medicoscalifica-
temeridad-farmacias-hagan-test-20201017184052.html
Enlace comunicado Sindicato de Enfermería SATSE:
https://www.galiciapress.es/texto-diario/mostrar/2118476/verin-ourense-cerrarabares-
terrazas-durante-10-dias-pero-restaurantes-seguiran-abiertos