Ari Quintas deseña un cartaz da ‘LXIV Festa do Pulpo’ que fusiona O Carballiño e Lanzarote

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Museo do Papel do Carballiño acolleu esta mañá a presentación do cartaz oficial da ‘LXIV Festa do Pulpo’, adicada á Fuerteventura, e que é obra da deseñadora Ari Quintas, no que fusiona a imaxe dun volcán da illa canaria a xeito de caldeira de cocción do cefalópodo. Ao acto asistiron o alcalde en funcións, José Castro-Gil; o concelleiro de Turismo, Manuel Dacal; o xefe do departamento de Turismo da Xunta de Galicia en Ourense, Cecilio Santalices, e os deputados provinciais da comarca carballiñesa, Patricia Torres e Diego Fernández.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Os asistentes tiveron a oportunidade de visionar un vídeo publicitario sobre o evento gastronómico, elaborado por Badal Novas, no que se resumen os aspectos máis destacadas do programa de actividades que xira ao redor da xornada do segundo domingo de agosto. Manuel Dacal agradeceu o traballo da Asociación de Pulpeiros, a colaboración das institucións e o apoio amosado polas entidades patrocinadoras, “que fan posible a celebración da festa, na que imos ter moita xente de Italia, Portugal ou Sevilla, entre outros”. Tamén interviron Patricia Torres, como representante da Deputación de Ourense; Cecilio Santalices e o propio rexedor carballiñés.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Ao remate da presentación, os participantes poideron desfrutar dun pequeno almorzo con empanada, viño da D.O. Ribeiro e, como non, dunhas talladas de pulpo elaboradas por integrantes da Asociación de Pulpeiros de Arcos, todo elo servido na terraza do Museo do Papel que serve de balcón sobre o río Arenteiro.

A cita terá lugar no Parque Municipal do Carballiño o domingo día 9 de agosto.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------