Concello de Cea: Normas para a Piscina Municipal

O horario da piscina será de 15 a 20 horas de luns a domingo. Debido a situación extraordinaria provocada pola Covid-19 adóptanse medidas especiais que se establecen nun protocolo estricto*para o uso desta instalación municipal.

? O acceso a piscina será única e exclusivamente con carné de usuario persoal e intransferible. Non poderá acceder nadie sen portar dito carné. Pode solicitarse nas oficinas municipais, mediante o enderezo electrónico cultura@concellodecea.com ou no número de whatsapp 672 122 300.

AVANTAR ACTIVIDADES

? Será obrigatorio o uso do punto hixienizante habilitado na entrada das instalacións, lavado de mans con xel hidroalcohólico e desinfección de calzado mediante alfombra desinfectante, así como a toma diaria de temperatura para poder acceder.

? O acceso será mediante a porta sinalizada como entrada e estará habilitada unha porta diferente para a saída.

? Desde a entrada accederase directamente aos vestiarios, os cales solo poden ser empregados como cambiadores e para usar o servizo, as duchas non estarán habilitadas.

-? Está prohibido a estancia nas zonas de tránsito, so será posible permanecer na zona habilitada para tal efecto, que é a zona axardinada das instalacións.

?O vaso grande ten un aforo de 42 persoas (menos do 30%)

? O vaso pequeno ten un aforo de 10 persoas (contabilízanse todas as persoas – nenos/as, adultos) (menos do 30%)

? A zona de estancia está aparcelada, con ocos de 16 m2, no que poderán permanecer un máximo de 2 persoas, en caso de non ser convivintes e un máximo de 6 en caso de ser convivintes, mantendo sempre a distancia interpersoal de 2 metros.

? Prégase non tocar barandas nin papeleiras e na porta de saída haberá un contedor dotado de pedal para depositar, so a saída, os refulgallos que se puderan xerar na estancia na instalación.

? Prégase seguir as indicacións que verán na instalación para mellorar a seguridade de todos (carteis, frechas, etc)

? Entre os vestiarios haberá una máquina dispensadora de bebidas.

– Pedimos encarecidamente respeto ao persoal da piscina (empregados municipais, socorrista, voluntarios de Protección Civil…) e a compresión polas normas de obrigado cumprimento.

– As instalación será desinfectada de forma integral polo menos dúas veces ao día, facendo especial fincapé en lugares de maior contacto.

? As portas de toda a instalación permancerán abertas, na medida do posible, para *evitar contacto* con pomos e *así facilitar a ventilación* dos espazos.

?O incumprimento das anteriores normas pode ocasionar a expulsión da instalación.

? O acceso a piscina será totalmente gratuito

CUMPLIR E ADAPTARSE A ESTE PROTOCOLO DE USO DAS PISCINAS MUNICIPAIS, VAI EN BENEFICIO DE TODOS. COIDATE, COIDÉMONOS!!