A Xunta de Galicia fomenta a gratituidade da atención educativa para os segundos fillos e sucesivos nas escolas infantís de 0 a 3 anos. No Punto de Atención á Infancia Ruliños de Avión xa se ven estableciendo este desconto dende comenzos de ano.

No Punto de Atención Infantil Ruliños do Concello de Avión xa voltaron no mes de setembro á actividade presencial logo dun comezo de pandemia que afectou de cheo ó fin do pasado curso. Con moita ilusión de reencontrarse, e por suposto tomando todas as precaucións ante a covid-9 para facer o máis seguro posible a estancia dos rapces.

Contan con Punto de Desinfección con zapateiro individualizado, hidroxel e alfombras desinfectantes. Mesas comedor separadas, estantes personalizados, cunas respetando a distancia de seguridade, espazos con hidroxel, xabón, papel e papelera con tapa e pedal, uniformes para as educadoras, etc.