O Centro Comercial Aberto amplía o bono comercio ata o 15 de marzo

O Centro Comercial Aberto poñía en marcha despois do Nadal unha campaña de concienciación ca que pretendían promocionar as vendas no comercio de proximidade. Unhas semanas atrás, a asociación difundía a través das súas redes sociais un vídeo que acompañaba esta campaña moi diferente ó habitual. Cunha mensaxe e unhas imaxes que pretendían xerar impacto amosaban como quedaría un pobo sen comercio, e esta mesma mensaxe, “Abre os ollos”, é a que trasladaron agora a través de paneis nas principais rúas do Carballiño.

Recordamos que o bono comercio, en colaboración entre o CCA e o concello do Carballiño, ampliouse hoxe e poderá utilizarse nos comercios da vila ata o 15 de marzo.

AVANTAR ACTIVIDADES