Declaracións de Marta Lois e Yolanda Díaz en Vilagarcía

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Hoxe a candidata de Sumar Galicia á Xunta, Marta Lois, estivo acompañada pola Vicepresidenta Segunda do goberno e líder de Sumar, Yolanda Díaz nun encontro ca xente do mar no auditorio de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra). 

A Vicepresidenta destacou a implantación do convenio 188, o primeiro desde que chegou ó Ministerio de Traballo en ser depositado ante a OIT. Díaz comprometeuse tamén en traballar desde o Goberno de España para modificar o cesamento de actividade do marisqueo para igualalo ó xeral dos traballadores autónomos, tendo desta maneira en conta a temporalidade implícita na actividade marisqueira.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Este é un compromiso de Sumar no Goberno de España e que Sumar Galicia fortalecerá cando acade a Xunta de Galicia para seguir mellorando as condicións das traballadoras no sector.

A continuación deixámosvos unhas imaxes do encontro e o audio coas declaracións de ambas.