O sindicato CC.OO. esixe ao Concello do Carballiño un cambio de rumbo na política de personal

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Os representantes do sindicato Comisións Obreiras (CC.OO.) no comité de empresa do Concello do Carballiño veñen de facer público un comunicado no que manifestan “o noso malestar co goberno municipal, que dende que se iniciou esta lexislatura non fai máis que dar bandazos na política de persoal, vulnerando leis e acordos que van producindo danos nas relacións laborais cos empregados municipais”. Os sindicalistas desexan que “o Concello poida volver o camiño da negociación e o do cumplimento dos acordos existentes”. Entre os aspectos que consideran máis graves, dende o comité destacan o incumprimento dos artigos 46.4 e 61 do Convenio Colectivo asinado no 2018 e publicado no BOP do 27 de Febreiro de 2018, no referente á non contratación do seguro de accidentes e incapacidades así como o fondo de garantía social, cuestións que foron postas en coñecemento da Inspección de Traballo a instancias de CC.OO.

Tamén denuncian o “retraso do pago das nóminas dos traballadores, que por convenio colectivo debe de estar ingresado nas contas dos traballadores municipais o penúltimo día hábil de cada mes”, e o incumprimento da LPRL (Lei Prevención de Riscos Laborais) non dotando de EPIS (Equipos de Proteccion Individual) tan necesarios para a realización dos traballos encomendados. Asemade, dende o comité advirten do incumprimento dos prazos para o abono da productividade recollida no correspondente acordo, e da falta de recoñecementos médicos en tempo e forma tal e como obriga a devandita Lei.

Noutra orde de cousas, o sindicato resalta a “extrema suba dos pagos de horas extras nalgúns departamentos debida a falta de persoal, xa que non se están cubrindo os postos vacantes recollidos nos presupostos e/ou na RPT (relación de postos de traballo), padecendo os veciños e veciñas unha atención deficitaria dos servizos públicos”. Finalmente, subliñan “as continuas modificacións de crédito que atañen o capítulo I dos orzamentos municipais (gastos de persoal) para outros usos diversos”. Por todo elo, agardan que, “dende a Concellería de Personal e a Alcaldía, se tomen as medidas oportunas para solventar todos estes incumprimentos o antes posible”.