A opinión de Manuel Herminio: “Hai 50 anos e pico…”

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O colaborador de badalnovas Manuel Herminio deixanos este artigo


Dende Seixo-Albo

Cando chegan as datas sinaladas no calendario e os anos xa pesan semella moi complexo fuxir dos recordos, polo que as imaxes volven á retina e as comparanzas fanse unha obriga. A vida dos humanos está sempre rexida polo calendario e os acontecementos que xorden  día a día. Vivimos nunha sociedade que é viva e que non é estática nin inmutabel, polo que  que falar de que  calquera tempo pasado sempre  pode entenderse que  foi mellor  co presente, pode levarnos ó engano, dado que non  podemos vivir a contracorrente ou a  destempo do prsente.  Sinalei  que cada época ten as súas características e os seus problemas. Mais ollar  as diferencias sen caer no tópico de que volver a eses tempos, entendo   que  é cousa  boa para comparar  como se vivía  coa realidade actual. Contar como era tal ou cal asunto  pode facerlles ver os nosos descendentes, sobor  de todo ós máis novos,   cousas que eles descoñecen pra que entendan e perciban a evolución que houbo dende os anos sinalados. 

O xornal La Región nas súas páxinas lémbranos cada día moitos acontecementos que pasaron nesta cidade  e provincia en datas que quedan atrás. Ben,  pois eu quero contarlles ós máis novos   como era á Semana Santa  cando eu era rapaz. Primeiro: a semana tiña unha preparación que xa comezaba con aquelo de non poder comer carne e de gardar  abstinencia os venres de  toda a coresma. Polo que as frebas e o touciño do porco estaban vetados aquel día. Dicía o cura dende o púlpito  que, se non se cumpría aquel mandato, era un pecado mortal. Chegado o xoves e o venres santo, no rural polas mañás, traballábase  nos eidos sementando as patacas, e outras faenas do campo. E pola tarde íase ós oficios na igrexa do lugar. As igrexas tiñan os santos tapados cunhas teas moradas e os actos, entre eles o Via Crucis,  eran seguidos por moita xente, pois no rural daquela, era moi raro que se falara de vacacións. As emisoras de radio, pois a tele aínda non existía, emitían música clásica ou seria, cuestión que para min era moi interesante pois gustábame moito, mais para a maioría era moi aburrido.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Na cidade, os locais  de lecer estaban pechados e os  cines emitían películas de carácter relixioso. Logo viñan as procesións un tanto tristeiras, pois ós máis novos  metíannos  moito medo aquelas comitivas un tanto escuras nas que ían en ringleira xentes de negro xunto ás autoridades políticas. Logo ían desfilando os soldados  coas armas mirando ó chan. Todo era moi triste e medoñento.  Na casa  dicían que ate que resucitara Xesús  había moita tristura e pena e non se podía cantar. Na miña retina aínda están vivas as imaxes  do Cristo e a virxe María levadas polos homes cantando aquelo de: “Perdona a tu pueblo señor…” Polo que a chamada Semana Santa no rural era moi diferente ó que acontecía na cidade. O rural  daquela era un mundo moi distinto o de hoxe. E nas aldeas e pobos a vida guiábase por outros camiños distintos ós da  cidade. Pois ben, hai moitos mais detalles que podería sinalar. Mais pasados moitos anos e vendo o que acontece na sociedade de hoxe, percíbese un cambio radical que vai máis alá dunha cuestión estética. Vai dun modo de vida.  Pois hoxe, falar de Semana Santa,  implica falar de folclorismo que as veces semella un tanto excesivo; implica falar de viaxes, lecer e ir de vacacións. Ademais significa unha teatro  ás veces esaxerado,  onde a estética vai  na procura  de atraer ós turistas, polo que  camiña por riba da relixiosidade. Hoxe nas aldeas e pobos, onde as terras maiormente están en ermo; onde as campás xa non se escoitan pois non hai quen as toque, onde a maioría  da xente vai de visita  a moitos lugares de espallamento pra coñecer horizontes todo esmorece.  A vida social que se daba naqueles anos  perdeu peso. E as igrexas onde antes non se collía hoxe  están medias baleiras. A día de hoxe  a xuventude xa non atopa atractivo nos ritos que ali se fan. Estamos noutro tempo.  A sociedade industrial e os avances técnicos nas comunicacións  trouxeron outro modelo de vida que  xa non está polo sufrimento permanente para acadar a vida eterna. Pois todos queremos  vivir o presente. Polo que  a relixión pasou a un segundo plano nunha sociedade moi secularizada. Hai moitos máis detalles  que nos darían un debuxo máis exacto daquela sociedade de hai máis de 50 anos. Mais estes poden ser uns apuntes que marcan a diferencia do que era aquela  sociedade e  do que é no  presente. En fin, que cada quen quite as súas conclusións.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS



Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

A opinión de Manuel Herminio: “Adeus a Revolución Cubana”

A opinión de Manuel Herminio: “Patriotas de bandeira”

A opinión de Manuel Herminio: “Cuba na encrucillada”

A opinión de Manuel Herminio: “Quixemos cambiar o mundo…”

A opinión de Manuel Herminio: “O mundo ten alzheimer?”

A opinión de Manuel Herminio: “A faciana agochada dos deuses”

A opinión de Manuel Herminio: “A lei do máis forte”

A opinión de Manuel Herminio: “A velocidade como meta”

A opinión de Manuel Herminio: “Ás portas do Nadal lembrando a Marcos”

Venres negro

Frases  con moita retranca

A lei do péndulo

Seica mentir  non é delito

Non chove auga…

Camiñar na ambigüedade

Agochar o que non gusta da historia

Arredor dos incendios

O rei do mundo

Licenciado pola universidade da vida

A deshumanización da sociedade

Unha parte non é o  todo

Tiranos con facha de demócratas

Españoles decentes

Pode arredarse  música  e cultura da política?

Mover ficha

Falar coas máquinas

Nas mans de ególatras e imperialistas

O mundo ó revés

A guerra como negocio

Soamente unha visión: a  económica

Aumentar o espazo vital

Venezuela

Tempo de Nadal

Atados á Utopía

Ourense e a enerxía eléctrica

Cuniupuyara

O insulto no canto do argumento

Os Bacelos de Prata 2024

Vivir no Rural

Catalunya: Un tempo novo

Algo cheira a podre

Pasarse de voltas

Tempo de charlatáns e predicadores

Haberá moción de censura?

As recetas da motoserra

Adeus á independencia

Non todo vale pra acadar o poder

A noria do tempo

Ditadores coa faciana de demócratas

Amarrado polos ovos

Unha cantiga sin alma

A opinión de Manuel Herminio: “Enfurruñados ou riquiños”

Quen fala dos problemas desta terra?

Asaltar o ceo contra o pracmatismo

Volve o tempo das promesas

Aquelas pequenas cousas

A fantasía e o consumismo no Nadal

Feijoo e as maiorías absolutas

Tempo de Magostos

Coidado cos salvapatrias

Descoñecen o que berran e chantean?

Achegarse á España real

Lavándolle a faciana a extrema dereita

A Resaca Electoral

O puzle ourensán

Música de calidade

As licencias dos quen mandan

Pacto cós ourensás

Moita enerxía sen rentabilidade

Xente sinxela

Os que pasan á historia

A Aposta Galeguista

Fun cantando

Nin Música nin Letra

Un home feito de cartos

Tempo de lecer e refexión.

As leiras a ermo

A longa sombra da corrupción

Erro Histórico

Llegó la mami….

Un crego de parroquia

Ourense: Sen obxectivos nin proxectos

e Ourense, existe?

O Nadal da Saudade

Unha area no zapato

Serrat e os cantautores

As incertezas na aldea global

Ourense, por riba das ideoloxías

O importante é a pasta

Sos Ourense!!!

Ourense cara un ermo cultural

Vandalismo, botellóns e desleixo

Na procura da felicidade

Dúas maneiras de actuar na política

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------