Programación cultural: teatro, baile e entroido de verán

IES CHAMOSO LAMAS

O verán cultural segue no Carballiño con máis programación para esta semana. Xa deu comezo de novo o ciclo de baile para maiores, no parque municipal, que será todos os domingos deste mes, ás 19:00 horas.

Mañá, día 6, terá lugar a gravación do programa “Quen canta aquí?, da TVG, na Praza Maior, a partir das 11:00 horas.

HIPER MASIDE

Para o xoves, haberá teatro. “La invasión del elefante”, de Salamandra Cía Teatro Social, e a continuación “Es-gota-das”, de Dar Trela, que darán comezo ás 20:30 horas, no auditorio Manuel María.

E pensando xa na fin de semana, na que terá lugar o entroido de verán, comezarase con actividades infantís xa o venres, con DJ Tibu, na Praza Maior. E o sábado, desfile de comparsas e charangas polas rúas da vila.