O concello mantén a feira do sábado, limitada a agro, alimentación e pulpeiros

Ante a actual situación de pandemia e as novas restricións impostas, o Concello do Carballiño ven de tomar a decisión de volver reducir a feira aos produtos de agro e alimentación. Así pois, as polbeiras e polbeiros tamén volverán estar presentes na feira do sábado 30 de xaneiro.

Dende o Concello do Carballiño  recordan a obrigatoriedade do uso de máscara e de manter a distancia interpersoal. Ademais de pedir a todos os asistentes e comerciantes que se teñan presentes todas as medidas vixentes.

AVANTAR ACTIVIDADES