A guerra como negocio

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Manuel Herminio Iglesias

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Os americanos non dan puntada sen fío. Primeiro véndenlle as armas e as bombas ós  israelitas  e, dende que todo esta desfeito,  dinlle ós perdedores desa guerra, que son os  palestinos,  que fuxan pra outros lugares que eles queren mercar e  reconstruír a  zona desfeita pra convertela  nun espazo de lecer e así sacar tallada  económica do asunto.

Esta é a realidade do que  maiormente acontece en case todos os conflitos  bélicos. A proposta que lanzou o ególatra e narcisista Trump  de facer unha zona turística pra xente acomodada en Gaza, da a entender que este  era un plan  ideado, pero agochado,  entre os americanos e os xudeos. Pois os xudeos,  sempre soñaron co gran Israel  ampáranse en conceptos bíblicos. 

As guerras, por moi xustas que poidan parecer, sempre deixan morte, miseria e destrución. E como sempre acontece, despois ven o tempo de arranxar o que se desfixo e é cando aparecen os salvadores que son os que axudaron a ise pais con armas na contenda bélica.

Vivimos  un tempo onde a lei do máis forte estase a impor. Onde a submisión ó todo poderoso imperio ianqui é unha realidade. Volve o imperialismo mesturado cun patriotismo económico a campar no mundo. Un patriotismo que estivo presente na capital do reino convidado  por Abascal  e que lle rende pleitesía a Tramp    como nos tempos do feudalismo. A  vella Europa  sofre, dentro dela, as contrariedades dos seus socios que  non cren nela e quérena dinamitar dende o seu interior.  Hoxe o vello continente xógase seguir sendo un  lacaio dos gringos ou ter entidade propia nun mundo que pode que soamente  sexa  a tres. Mentres os cidadáns asistimos impávidos a uns cambios que tiran por terra as lexislacións e institucións internacionais. Institucións  que pretenden un mundo máis civilizado e mellor.  Polo que, si  as normas internacionais son vulneradas polos  grandes imperios esta aldea global pasará a ser a terra onde cada estado pode facer o que lle pete. E  as condenas políticas  que se fagan non valerán ren, pois serán como  foguetes  de artificio. Ou sexa: moito ruído e poucas noces.

A volta do  narciso Tramp está a cambiar moitos conceptos que ate agora eran a base do entendemento mundial. E xunto  con China e Rusia auguran que viviremos anos  baixo a  lei do máis forte. Volvemos ós tempos  da lei ditada por unhas persoas que soamente teñen un obxectivo: gañar cartos a custe do que sexa. Polo tanto estamos entrando nunha situación onde, moitos dereitos sociais acadados corren o perigo de seren derrubados, aínda  que estes non obrigan. E todo en aras da sacrosanta liberdade. Si, unha liberdade  manipulada baixo o dominio das grandes redes sociais. Estas que   tentan modelar e manipular en aras desa liberdade ficticia a opinión da xente e o seu voto.

Cando penso no futuro e vexo como moita xente moza se suma ó apoio de formacións que predican a xenofobia, o racismo e a discriminación social, agochando intencionadamente o seu programa político, penso na inxenuidade e no descoñecemento do pasado destes mozos que naceron nun mundo cheo de comodidades que non tiveron os seus  avós e pais.  E penso que fixemos mal na educación pra que estes mozos non valoren moitas cousas que hoxe temos,  e digan que esta sociedade é unha merda.  Que o liberalismo sen límites ten moita culpa do que hoxe  acontece é verdade. Pero caer nas redes  quen predican un liberalismo sen ningún  control,   e pensar que eso é a solución ós problemas do mundo actual, amosa  que se é un ignorante ou un cretino. As guerras e demais conflitos  sociais sempre trouxeron inxustizas e moita dor; e  aínda que despois de rematadas sempre houbo un tempo de crecemento e traballo, hai que evitalas.. O que hoxe acontece no mundo ten certo paralelismo co qie pasou nos  prolegómenos da segunda guerra mundial. Daquelas, o odio foi cara o pobo xudeo e outras minorías. Pero o mais triste é que a día de hoxe,  os xudeos fan algo semellante cos palestinos. En fin, as guerras sempre foron un negocio para algúns. Esa é a realidade aínda que non nos guste.


Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

Soamente unha visión: a  económica

Aumentar o espazo vital

Venezuela

Tempo de Nadal

Atados á Utopía

Ourense e a enerxía eléctrica

Cuniupuyara

O insulto no canto do argumento

Os Bacelos de Prata 2024

Vivir no Rural

Catalunya: Un tempo novo

Algo cheira a podre

Pasarse de voltas

Tempo de charlatáns e predicadores

Haberá moción de censura?

As recetas da motoserra

Adeus á independencia

Non todo vale pra acadar o poder

A noria do tempo

Ditadores coa faciana de demócratas

Amarrado polos ovos

Unha cantiga sin alma

A opinión de Manuel Herminio: “Enfurruñados ou riquiños”

Quen fala dos problemas desta terra?

Asaltar o ceo contra o pracmatismo

Volve o tempo das promesas

Aquelas pequenas cousas

A fantasía e o consumismo no Nadal

Feijoo e as maiorías absolutas

Tempo de Magostos

Coidado cos salvapatrias

Descoñecen o que berran e chantean?

Achegarse á España real

Lavándolle a faciana a extrema dereita

A Resaca Electoral

O puzle ourensán

Música de calidade

As licencias dos quen mandan

Pacto cós ourensás

Moita enerxía sen rentabilidade

Xente sinxela

Os que pasan á historia

A Aposta Galeguista

Fun cantando

Nin Música nin Letra

Un home feito de cartos

Tempo de lecer e refexión.

As leiras a ermo

A longa sombra da corrupción

Erro Histórico

Llegó la mami….

Un crego de parroquia

Ourense: Sen obxectivos nin proxectos

e Ourense, existe?

O Nadal da Saudade

Unha area no zapato

Serrat e os cantautores

As incertezas na aldea global

Ourense, por riba das ideoloxías

O importante é a pasta

Sos Ourense!!!

Ourense cara un ermo cultural

Vandalismo, botellóns e desleixo

Na procura da felicidade

Dúas maneiras de actuar na política

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas