Asaltar o ceo contra o pracmatismo

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Manuel Herminio Iglesias

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

En Xénova, coa aquiescencia do sr. Rueda, seguindo o rebufo da tan empregada amnistía contra o malvado Sánchez, convocáronse as eleccións galegas.  Hai moita presa en sacarlle un bo rédito a iste e outros  asuntos como o da emigración.   Polo que,  á semana seguinte de queimar os entroidos, temos que ir votar. Mais na chamada esquerda auténtica o divorcio que parecía a piques de superarse escachou,  e as  papeletas pra acadar esa maioría de 38 escanos  comeza a ser máis complicada. As división e  liortas entre formacións políticas polo mesmo espacio electoral van ter consecuencias,  pois sumar e Podemos xóganse seguir vivas ou desaparecer neste noroeste peninsular. E iste asunto agravouse coa votación dos podemitas contra o decreto que levaba  a marca da vicepresidenta de Ferrol. Pois o infantilismo dos rapaces de Podemos condénaos a  entrar nun camiño onde as culpabilidades vanlle  pesar  como unha lousa de pedra.

A falla de madurez política e a influencia dese lider que se foi pero que está, e sempre aparece como a sombra que sempre me asombra do poema de Rosalía,  fixo escachar a unidade de comenencia pra saír o mellor posibel do paso electoral.

A chamada esquerda auténtica sempre andivo e anda en liortas ideolóxicas atadas a purismos  pra saber quen é mais reivindicativo defendendo ás clases sociais menos favorecidas.  Os comunistas que querían tomar  o ceo por asalto, chocan fronte ós pramáticos  que a día de hoxe lidera a galega,   e moi  oportunista Iolanda  Díaz.

E como siguen nesas leas inútiles  e estériles,  pois tanto o PSOE como o  BNG ven unha oportunidade pra ensanchar  o seu espazo electoral.

O paso do tempo e a reflexión de que é mellor o malo coñecido que o bo por coñecer,  vai clarificando o panorama electoral. Polo que o mapa  nesta terra quedará repartido  entre tres formacións. As demais seran testemuña pois non pinta nada ben pra elas.

Claro que nesta nosa cidade temos a aparición do pintoresco Jácome e o  seu chiringuito. Digo o de chiringuito, pois a creación dun partido político é algo máis serio que a paiasada do que significa a anomalía de DO. E fago esta afirmación, pois nun partido hai principios, ponencias, discusións,  asambleas e congresos. E ate onde se sabe, nese grupo,  non hai nada máis co capricho de Gundisalvo Ferreira que é o que ten todo o poder, e a onde van parar todos os cartos   que seica son moitos. E nese todo inclúo os euros  que, segundo voz populi, pasan por ser   cuotas partidarias  dos cargos  postos a dedo  no Concello.

Hai uns días,  alguén que sabe do asunto díxome: que o paso polo Concello  permitelle facer caixa e vivir ben a conta da democracia a algúns  persoeiros  que carecen de  principios  e tamén de ética.

En fin, estamos en Ourense cidade que é calificada por alguns medios televisivos como o Salvaxe Oeste. Triste adxectivo que temos que aturar os que sentimos orgullo desta cidade. Mais, as cousas son así. Polo que esperemos que remate este andazo e os ourensás recuperemos o sentidiño.  Agora que estamos nun tempo frío  co entroido petando ás portas en con  eleccións á vista, esperemos que estas non sexan unha entroidada máis, pois  nelas xogámonos moito. A chamada esquerda, a que aludín ó comenzo,  xogase a súa existencia. Xógase practicar o pracmatismo, ou desaparecer.  E os  nacionalistas  tamén xoganse ou aceptar  ese pracmatismo  no caso de gobernar, ou seguir a soñar con revolucións que nunca chegarán. Con todo, son a única esperanza de que algo mude nesta terra.  Pois  precisamos un vento novo que entre nas institucións e as osixene. Dado que  moitos dos que gobernan pensan que o poder lles pertence dende sempre. E eso é moi malo pra democracía e para Galicia.


Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

Volve o tempo das promesas

Aquelas pequenas cousas

A fantasía e o consumismo no Nadal

Feijoo e as maiorías absolutas

Tempo de Magostos

Coidado cos salvapatrias

Descoñecen o que berran e chantean?

Achegarse á España real

Lavándolle a faciana a extrema dereita

A Resaca Electoral

O puzle ourensán

Música de calidade

As licencias dos quen mandan

Pacto cós ourensás

Moita enerxía sen rentabilidade

Xente sinxela

Os que pasan á historia

A Aposta Galeguista

Fun cantando

Nin Música nin Letra

Un home feito de cartos

Tempo de lecer e refexión.

As leiras a ermo

A longa sombra da corrupción

Erro Histórico

Llegó la mami….

Un crego de parroquia

Ourense: Sen obxectivos nin proxectos

e Ourense, existe?

O Nadal da Saudade

Unha area no zapato

Serrat e os cantautores

As incertezas na aldea global

Ourense, por riba das ideoloxías

O importante é a pasta

Sos Ourense!!!

Ourense cara un ermo cultural

Vandalismo, botellóns e desleixo

Na procura da felicidade

Dúas maneiras de actuar na política

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas