12,00 h.- O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, ofrecerá unha rolda de prensa para informar dos asuntos tratados no comité clínico de Sanidade. Tamén asistirán o secretario xeral técnico da Consellería, Alberto Fuentes; a directora xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, Carmen Durán Parrondo; e o xerente do Sergas, José Flores, e participarán por videoconferencia os membros do comité clínico Pedro Rascado e María Sande foto xoán crespo 18/11/2020

O comité clínico de expertos que asesora á Xunta na xestión da pandemia reuniuse onte pola tarde. As decisións tomadas foron manter en nivel máximo de restricións nos cinco puntos da provincia: Ourense e a súa área, Ribadavia, Carballiño, Verín e Xinzo. Ribadavia entraba neste nivel de medidas o pasado venres, xunto con outros sete puntos galegos. Agora mesmo atópanse con peche perimetral, peche de negocios de hostalaría e limitación de reunións a cinco persoas conviventes.

As outras medidas tomadas foron non aplicar novas restricións no concello de A Rúa, ante a redución de contaxios. Ademais, os expertos incluíron a Sanxenxo entre os concellos con máis restricións.

Pola súa parte, o alcalde asegura que xa trasladou esa petición á Xunta, e que confían en que na reunión do venres se trate o caso concreto do Carballiño e se libere algunha restrición. Dende Sanidade aseguran que as medidas poderán relaxarse este venres, pero que aínda non hai nada decidido.

Por outra banda, dende a directiva da Asociación Carballiño Centro Comercial Aberto, puxéronse en contacto coa Consellería de Economía, Emprego e Industria, solicitando información detallada dos motivos polos cales se manteñen ditas restricións.

Agardamos a súa resposta para comunicar oficialmente os datos que nos faciliten.